jueves, 7 de marzo de 2013

PAUTAS XERAIS PARA UN ADECUADO DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL



    BOA FORMA FÍSICA: O estudo ou o traballo intelectual é unha actividade psíquica, e  como tal está condicionada á boa saúde física, o benestar corporal. Por isto é conveniente:
 -  DESCANSO:
    É necesario que o seu fillo/a durma o suficiente   
    Procure que se deite a unha hora fixa e non moi tarde
    Cear cedo, inxerindo alimentos lixeiros e dixestivos.           

    - ALIMENTACIÓN:
    Dieta variada a base de vexetais, peixe, carne, leite, ovos e froita: equilibrada, rica en     fósforo, calcio e vitaminas.
    É importante que almorce ben antes de vir á escola.       
    Debe ser sólida. A masticación axuda á articulación
    O abuso da chupeta causa deformación da cavidade oral e da posición dentaria e reduce os     momentos de expresión do neno.
    Hixiene respiratoria: É importante ensinar a sonarse os mocos. A respiración debe ser nasal


DESENVOLVEMENTO NORMAL DA LIGUAXE:
    Respetar o ritmo de cada neno
- Non falar por eles
- Non interpretar en exceso os seus desexos e necesidades en base a xestos ou sinalizacións
   
No desenvolvemento da fala pode que haxa momentos de bloqueo, É IMPORTANTE:
- Dar lle tempo para que responda, non interumpirlle
- Non rematar as frases por él               
- Evitar situacións de tensión na casa
- Non facerlle repetir á forza
- Evitar burlas ou riñas pola súa forma de falar
OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
- Acostumbrarlle a usar un tono de voz normal, o noso será o modelo.
- Procurar non gritarlle              
- Falarlles moito, cun tono e ritmo adecuados e facer que se sintan escoitados
- Non usar unha linguaxe moi simple nin con demasiados diminutivos
- Fomentar o xogo simbólico
- Favorecer que se expresen con outras persoas e noutros lugares fóra da casa

ACTIVIDADES DA LINGUAXE E A FALA:       
- Compartir xogos: xogos de mesa, dominós, puzzles, construccións, ... contando sempre o que estamos facendo
- Ver libros de imaxes ou de fotos nomeando o que se ve, o que se fai, ..
- Contar contos e repetilos unha e outra vez para que pouco a pouco eles sós o vaian contando           
- Aprender cancións, adiviñas, rimas,...
- Xogar con eles a soprar (pompas, globos), a escoitar e distinguir sonidos, facer muecas,   Ó LONGO DO DÍA....
- Expresar o que estamos a facer       
- Describir de forma sinxela as accións que fai o neno/a
- Anticiparlle o que se vai a realizar a continuación: “Agora imos a comprar...”
- Darlle instruccións sinxelas: “Recolle o abrigo, pon o pixama, ...”
- Aproveitar os momentos do baño e da comida para falar

- Cando pida algo co dedo ou con xestos, provocar que o exprese de maneira oral, formulando preguntas: “¿Que queres?, ¿queres o chocolate ou a pelota?...

No hay comentarios:

Publicar un comentario